3. Hospital na casa

Desenvolvemento das ferramentas necesarias para a asistencia domiciliaria axeitada ás necesidades do paciente e co máximo grao de calidade.

Os aspectos que se priorizaron son:
    Historia clínica electrónica a domicilio.
    Cobertura a pacientes institucionalizados.
    Sistemas de comunicación co domicilio do paciente e rexistro de constantes vitais.

O resultado é unha plataforma informática que permite o seguimento en tempo real do paciente dende a súa casa e a indicación de instrucións (por exemplo, a modificación de doses de fármacos prescritos) por parte dos profesionais do Sergas. O paciente ten acceso a ela a través dun interface intuitivo e totalmente personalizado que evita visitas recorrentes ao hospital para cuestións de rutina.

As probas piloto foron realizadas nas Estruturas Organizativas de Xestión Integrada (EOXI) de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras y A Coruña.​

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.