2. Trazabilidad integral de pacientes e recursos

Desenvolvemento dun sistema de trazabilidade que mellore a calidade e a eficiencia dos servizos prestados a pacientes e profesionais, facendo un seguimento exhaustivo de todas as fases do proceso asistencial.

O sistema permite:
    Incrementar a seguridade do paciente, que está monitorizado en todo momento.
    Mellorar os tempos de proceso hospitalario.
    Optimizar a xestión e o control de uso de recursos para acadar a máxima eficiencia.
    Mellorar a xestión da actividade profesional.

As probas piloto foron realizadas na Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.