2. Central de imaxe médica

O obxectivo principal do proxecto é que a imaxe médica estea dispoñible, con calidade diagnóstica, para todos os profesionais do Sergas con competencias sobre ela, independentemente de onde se xerara.

Ademais, a través dun desenvolvemento organizativo de coordinación e xestión dos procesos asociados á imaxe médica, proporciónase:
  • Acceso a funcións de informado por parte do equipo de profesionais que o precise dende o centro onde se atope (centros de referencia, segunda opinión, profesionais de referencia, xestión de continxencias no eido da imaxe, servizos de informado a terceiros).
  • Acceso a funcións de informado a través de dispositivos móbiles, cando as características do estudo ou patoloxía o permitan.
  • Xestión coordinada de todos os datos relativos ás imaxes, incluíndo a incorporación da información de doses xeradas nas áreas de radiodiagnóstico, medicina nuclear, radioterapia e hemodinámica ou radioloxía intervencionista.

As probas piloto foron realizadas nas Estruturas Organizativas de Xestión Integrada (EOXI) de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, Vigo e Santiago de Compostela.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.