14. Sistema integrado de dixitalización, indexación, custodia e xestión da información clínica

Dixitalización de informes en papel e arquivos de imaxe clínica para centralizar a información e optimizar os procesos de asistencia.

Compleméntase con tecnoloxía de recoñecemento de voz para mellorar a produtividade dos facultativos, que poden acceder á información clínica a través de comandos de voz e tamén ditar contido.

As probas piloto repartíronse por paquetes de traballo en centros das 7 Estruturas Organizativas de Xestión Integrada (EOXI) de Galicia.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.