12. Sistema integrado de información e xestión de datos clínicos e epidemiolóxicos

Implantación e avaliación de ferramentas de explotación da información clínica que se adapten ás necesidades da Consellería de Sanidade e do Sergas.

A través da concentración de todos os datos relativos a cada paciente nunha única plataforma, permite mellorar o control de pacientes crónicos, a detección de doenzas raras e de infeccións nosocomiais, a investigación clínica e epidemiolóxica e a vixilancia sindrómica, entre outros usos.

As probas piloto foron realizadas nas Estruturas Organizativas de Xestión Integrada (EOXI) de Vigo, Santiago, A Coruña e Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.