11. Espazo de innovación en servizos asistenciais

Desenvolvemento dunha contorna de información aos profesionais sanitarios sobre as innovacións e as mellores prácticas realizadas no contexto internacional para poder avaliar, con base na súa experiencia, a introdución de solucións que xa se demostrou que tiveron resultados positivos noutros sistemas de saúde.

Inclúe contornas reais nos que desenvolver probas de concepto de propostas de innovación en servizos asistenciais, que poden ser salas de consulta, quirófanos, salas de técnicas especiais, camas ou plantas de hospitalización, controis de enfermería, box de urxencias, salas de espera e ata o propio domicilio do paciente. Nestas contornas poderanse poner en marcha probas piloto de proxectos en colaboración.

Está prevista a súa implantación en todos os centros de saúde de Galicia.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.