10. Profesional 3.0

Construción dunha contorna avanzada de detección do talento nos profesionais do Sistema Público de Saúde de Galicia. Conta cunha plataforma arredor da que se conectan os sistemas de xestión de coñecemento xa existentes e os futuros que poidan ser desenvolvidos.

A recompilación da información relativa ás competencias dos seus profesionais permítelle á organización sanitaria optimizar o artellamento dos seus plans de formación e os procesos asociados aos seus recursos humanos.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.