1. Urxencias- Sistemas de xestión intelixente

Desenvolvemento dunha ferramenta con múltiples utilidades para optimizar a xestión dos servizos de urxencias:
  • Soporte á actividade realizada polos profesionais na atención urxente.
  • Monitorización integral e trazabilidade de cada paciente durante toda a asistencia urxente.
  • Mellora e estandarización da comunicación entre os profesionais que prestan actividade nestes servizos.
  • Redución da variabilidade na práctica clínica, tanto intracentro como intercentro.
  • Información aos familiares sobre a situación particular de cada paciente.
  • Información á organización sobre o estado xeral dos servizos de urxencias e soporte aos xestores na toma de decisións.
  • Realización de simulacións a futuro sobre a situación do servizo.

As probas piloto foron realizadas na Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.