1. Punto de Atención Diagnóstico-Terapéutico Móbil

Desenvolvemento dun centro de diagnóstico-terapéutico móbil que permite optimizar a cobertura das necesidades asistenciais da poboación ofrecendo servizos de maior calidade á vez que se incrementa a accesibilidade e a eficiencia.

O resultado foron dous vehículos de formato autobús con:
  • Consultas de enfermería e medicina dotadas con equipos para a realización de probas, algúns dos cales non están dispoñibles nos centros de saúde convencionais.
  • Quirófano de cirurxía maior ambulatoria dotado de toda a tecnoloxía e os medios necesarios para realizar este tipo de intervencións, con maior comodidade para os pacientes.

As probas piloto foron realizadas en varias localidades da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.