1. Centros e unidades docentes acreditados en Galicia

A formación sanitaria especializada desenvólvese en centros e unidades acreditadas para o efecto. O proceso de acreditación de centros, unidades e dispositivos docentes iníciase nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e/ou Consellería de Sanidade, pasa a Axencia de Coñecemento en Saúde, órgano competente da Comunidade Autónoma en formación sanitaria especializada que, unha vez validada, a envía para a súa tramitación ao Ministerio de Sanidade.
 
Prazo de presentación de solicitudes de acreditación:
  • Dende as 10:00 h do 1 de outubro de 2021 ata as 14:00 h do 2 de novembro de 2021


En Galicia existen os seguintes centros e unidades docentes acreditados:

Unidades docentes de ámbito autonómico:
  • Unidade Docente de Galicia de Medicina Preventiva e Saúde Pública.
  • Unidade Docente de Galicia de Medicina do Traballo.
  • Unidade Docente de Galicia de Enfermaría Obstétrico-Xinecolóxica.
Centros e unidades docentes adscritos ás áreas sanitarias:

Centros e unidades docentes de titularidade privada:
Contido relacionado

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.