Continuando coa liña de investigación de cribados, Avalia-t avalía neste informe a efectividade clínica, seguridade e eficiencia do cribado de cancro de pulmón. O informe inclúe ademais, a avaliación do grao de cumprimento dos requisitos para a implementación de programas de cribado poboacionais na carteira de servizos do sistema nacional de saúde español, Con todo, non se debe iniciar o cribado dunha enfermidade se as vantaxes da súa detección precoz para a poboación diana non están claramente definidas e sen que existan garantías dun adecuado diagnóstico, seguimento e tratamento de todas as persoas identificadas por parte do sistema sanitario.