Broncoscopia robótica para el diagnóstico de nódulos pulmonares


Denomínase broncoscopia robótica á broncoscopia que se realiza co soporte de plataformas robóticas que poden incluír ademais un sistema de navegación electromagnética ou doutro tipo. Estes sistemas proporcionan visualización broncoscópica e acceso ás vías respiratorias durante procedementos diagnósticos e terapéuticos. A broncoscopia realízase co soporte de plataformas que incorporan os últimos avances en robótica, software, microinstrumentación, deseño e innovación de endoscopios. Utilizan unha interface sinxela, similar a un controlador, que os profesionais sanitarios utilizan para levar o endoscopio flexible cara á periferia do pulmón. A plataforma permite a articulación electromecánica robótica e o control directo do broncoscopio flexible de forma continua e directa. Previo á realización do procedemento, realízase unha tomografía computarizada (TC) torácica de alta resolución para crear un mapa virtual que permite planificar a intervención. As plataformas de BR poden acompañarse doutras tecnoloxías de imaxe, ademais do TC, a ecografía radial endobronquial (rEBUS) ou a fluoroscopia.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.