Utilización da membrana de osixenación extracorpórea para a reanimación de pacientes con parada cardíaca extrahospitalaria

A parada cardiorrespiratoria extrahospitalaria (PCR-EH) é unha situación médica grave, que ocorre fora do hospital, na que cesa a actividade do corazón polo que non hai circulación sistémica. A pesar dos avances nas técnicas de reanimación cardiopulmonar e desfibrilación temperá, a supervivencia segue sendo baixa. A osixenación por membrana extracórporea (ECMO) é eficaz para mellorar a supervivencia a curto prazo en pacientes en PCR-EH, ainda que pode asociarse cun aumento das complicacións ao ser unha técnica complexa e invasiva. Esta técnica debe realizarse só en centros altamente cualificados, que dispoñan de equipos multidisciplinarios adestrados no uso da ECMO.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.