Inserción de catéter PICC mediante sistema de navegación e confirmación da punta do catéter mediante electrocardiograma intracavitario

Os catéteres centrais de inserción periférica (PICC) permiten a administración prolongada de nutricións parenterais ou medicamentos tanto en pacientes hospitalizados como os que reciben o tratamento no seu domicilio. Os PICC desenvoltos recentemente dispoñen de sistema de navegación e confirmación da punta do catéter polo que evitan a realización de probas de imaxe. Nos estudos revisados, estes sistemas non demostraron beneficios con respecto a outros sistemas de comprobación. Con todo, os PICC con sistema de confirmación poderían supoñer un menor impacto organizativo e económico para os sistemas de saúde que outros sistemas de comprobación da punta catéter, pero son necesarios máis estudos que confirmen estes datos.
Documentos relacionados

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.