Disección axilar dirixida en cancro de mama tras quimioterapia neoadxuvante: Clips metálicos con e sen polímero reabsorbible

O cancro de mama é unha enfermidade de gran impacto no sistema sanitario. O programa de detección de tecnoloxías novas e emerxentes do Ministerio de Sanidade busca priorizar tecnoloxías que melloren o manexo desta doenza. O uso de marcadores metálicos na disección axilar dirixida (DAD) seleccionouse como unha tecnoloxía nova que permite extraer selectivamente tecido axilar afectado. Como resultado da extracción selectiva redúcense os efectos secundarios e mellórase a calidade de vida das pacientes. A evidencia publicada sobre os marcadores metálicos describe unha taxa de falsos negativos inferior ao 10%, límite marcado polos expertos para o emprego da DAD. Sería necesaria a súa avaliación comparativa co sistema actualmente utilizado para coñecer a súa seguridade e efectividade relativas.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.