Recambio valvular aórtico mediante prótesis sin sutura.

Este informe realizouse a petición da Comisión Asesora para a Incorporación de Técnicas, Tecnoloxías e Procedementos como solicitude de autorización para a incorporación do procedemento na Carteira de Servizos do Sistema Sanitario Público de Galicia.

Dado o envellecemento da poboación, a estenose aórtica representa un problema de saúde crecente en países desenvolvidos. Na actualidade, estímase que ata un 30% dos pacientes con estenose aórtica grave non son considerados candidatos para a cirurxía convencional por un elevado risco cirúrxico.

O obxectivo deste estudo foi avaliar a eficacia e a seguridade da prótese valvuvar aórtica en pacientes con estenose aórtica sen sutura e determinar se o procedemento mellora a morbilidade e mortalidade hospitalaria de pacientes con risco cirúrxico elevado, en comparación coa cirurxía convencional e / ou implantación transcateter (TAVI).

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.