Uso de la radiofrecuencia en la ablación de miomas uterinos sintomáticos

Os miomas uterinos son tumores benignos do útero que poden causar síntomas como sangrado uterino anormal, presión e/ou dor na pelve, e poden afectar á reproducción. O informe avalia a efectividade e seguridade da ablación por radiofrecuencia (ARF) no tratamento dos miomas uterinos sintomáticos en mulleres que desexan conservar o útero. A evidencia amosa unha seguridade aceptable da técnica, pero a falta de estudios comparativos non permite establecer conclusións definitivas sobre o tratamento en comparación con outros procedementos alternativos dirixidos a conservar o útero. Recoméndase desenvolver guías de práctica clínica sobre o manexo dos miomas uterinos sintomáticos que recollan as alternativas de tratamento disponibles e as súas indicacións concretas.​​

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.