A innovación fai posible que o coñecemento xerado no ecosistema de saúde chegue:
- ao paciente, en forma de novas técnicas diagnóstico e tratamento e fórmulas asistenciais avanzadas.
- ao mercado, xerando beneficios económicos que reverten en máis recursos para o Servizo Galego de Saúde (Sergas).
A Axencia de Coñecemento en Saúde participa neste proceso cunha visión innovadora que integra a todos os axentes do sistema sanitario -dende os profesionais ata os provedores-, que recolle as mellores prácticas a nivel internacional e que se alía cos partners máis afíns aos intereses de Galicia neste eido.
Prioridades. Os proxectos de innovación promovidos por ACIS achegan solucións orientadas a:
- A promoción da saúde.
- A prevención.
- A abordaxe da cronicidade.
- A autoxestión e o autocuidado da doenza.
- A implantación de medidas que aseguren a continuidade asistencial.
- O pulo dun modelo aberto coa participación de profesionais, provedores e pacientes.
- A adopción de metodoloxías axeitadas de avaliación de impacto en saúde e en custo.
- O aproveitamento das vantaxes das TIC para achegar os servizos e apostar polo fogar como lugar de atención.
- A xestión de fórmulas avanzadas para o envellecemento activo e saudable.
A estratexia de ACIS na área de innovación dá prioridade:
Se precisas contactar coa Área de Innovación, pódesnos escribir a innovacion.acis@sergas.es ou contactarnos por teléfono no 981 580 633.