A actual situación de crise sanitaria ocasionada pola infección
COVID-19 conlevou cambios en materia de investigación clínica en
relación coa nova forma de xestionar a obtención dos consentimentos
informados (CI) por parte dos biobancos. Os
biobancos, ante esta situación de pandemia, tiveron que replantexar
a sistemática a empregar para a inclusión de mostras e a obtención
do consentimento informado, ante a enorme demanda de almacenamento
urxente de mostras e a grande cantidade de proxectos de investigación
sobre a COVID-19, que na súa grande maioría requiren para a súa
realización de mostras de suxeitos infectados ou que teñan pasado a infección pola COVID-19.
Galicia,
foi a única comunidade autónoma que contemplou de forma específica
a xestión do consentimento informado por parte dos biobancos galegos
durante o período de emerxencia sanitaria a través da Orde
de 2 de abril de 2020 pola que se aproban medidas en materia de
investigación sanitaria nos centros do Sistema público de saúde de
Galicia durante o período que dure a emerxencia sanitaria pola
COVID-19
(clic
AQUÍ),
tal
como se recolle no Informe de “Gestión por los biobancos de la
RNBB de la obtención de los consentimientos informados ante la
pandemia para investigación sobre el SARS-CoV-2 y la enfermedad
COVID-19” da Rede Nacional de Biobancos (clic
AQUÍ)
Orde
de 2 de abril de 2020 pola que se aproban medidas en materia de
investigación sanitaria nos centros do Sistema público de saúde de
Galicia durante o período que dure a emerxencia sanitaria pola
COVID-19
"Quinto. Mostras
biolóxicas de pacientes COVID-19 e Rede de biobancos de Galicia
Ao
abeiro do artigo 1 da Lei orgánica 3/1986, do 14 de abril, de
medidas especiais en materia de saúde pública, todas ou algunha das
mostras biolóxicas de orixe humana obtidas con fins asistencias ou
de diagnóstico de pacientes COVID-19 nos centros do Sistema público
de saúde de Galicia serán conservadas provisionalmente de acordo
coa organización de cada centro nos correspondentes biobancos
integrados nas estruturas do Servizo Galego de Saúde de cada área
sanitaria, e sen prexuízo da obtención e recollida de mostras para
estudos/ensaios de investigación concretos en que se prevexan outros
réximes distintos de acordo coa normativa de aplicación no eido da
investigación biomédica.
Non
obstante, requirirase sempre o correspondente consentimento para que
as mostras obtidas con fins asistenciais sexan integradas
definitivamente en réxime de biobanco con fins de investigación.
Dada
a situación de emerxencia sanitaria, poderanse recoller as mostras
sen o devandito consentimento, quedando transitoriamente incorporadas
nun arquivo asistencial á espera de conseguir o correspondente
consentimento cando a situación así o posibilite.
As
mostras poderán recibir un tratamento previo adecuado para a súa
incorporación ao biobanco, sempre que iso non supoña recoller maior
cantidade de mostra nin comprometer o fin primario asistencial da súa
obtención.
Se
non se consegue o consentimento para o biobanco, as ditas mostras
quedarían simplemente integradas no arquivo histórico asistencial
do centro sanitario ou o que se dispoña na normativa aplicable.
En
calquera caso, intentarase cando as circunstancias así o permitan ir
solicitando os correspondentes consentimentos necesarios para a
obtención e cesión das mostras para fins de investigación
sanitaria.
O
Servizo Galego de Saúde, a través das súas estruturas de
investigación, poderá adoptar medidas de apoio para a catalogación,
conservación ou trasporte das mostras biolóxicas de pacientes
COVID-19."