Fotoaféresis para pacientes con enfermedad de injerto contra huésped resistente a esteroides.

Este informe realizouse a petición da Comisión Asesora para a Incorporación de Técnicas, Tecnoloxías e Procedementos como solicitude de autorización para a incorporación do procedemento na Carteira de Servizos do Sistema Sanitario Público de Galicia.

A enfermidade de enxerto contra hóspede (EICH) é unha complicación frecuente despois do transplante de medula ósea. Pode presentarse de forma aguda (EICH-a) ou crónica (EICH-c). Ao redor do 50% dos pacientes con EICH non responden o tratamento con esteroides e necesitan outra terapia alternativa. A fotoaféresis extracorpórea é un procedemento que implica o filtrado dunha parte do sangue a cal é exposta a un fármaco sensible á luz que se traducirá nunha resposta inmune.

O obxectivo do informe foi a avaliar a seguridade, eficacia e efectividade da braquiterapia de alta taxa de dose en tratamentos de tumores de lingua móbil fronte a outros tratamentos, mediante a análise de toxicidade, control local e rexional, supervivencia e calidade de vida. O traballo pretende facilitar aos responsables sanitarios información científica de calidade que axude a toma de decisións sobre a incorporación de novas tecnoloxías.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.