Autoformación

Que é?

A Axencia de Coñecemento en Saúde oferta cursos na modalidade de autoformación, coa que facilita o acceso á formación en materias concretas, con accesibilidade e aprendizaxe autónoma.

Como funciona?

Son cursos que se imparten en liña pero, a diferenza dos cursos de teleformación tradicionais, non hai titores, polo que o proceso de aprendizaxe se realiza de xeito autónomo, coa posibilidade de acceder aos contidos sen restrición de días ou de horarios, dentro do período de dispoñibilidade que se sinale para cada unha das actividades formativas.

Como os localizo?

No noso buscador de actividades formativas podes realizar unha busca avanzada e filtrar pola modalidade escollendo a opción «autoformación». Ademais, nesta sección tamén imos poñer os curso de autoformación que hai dispoñibles neste momento.

Teño que me inscribir?

Para realizalos é necesaria a inscrición previa, que se aceptará de xeito automático sempre que sexamos destinatarios do curso. Lembra que para poder realizalo, tes que ter, polo menos, un día traballado no Servizo Galego de Saúde. Despois de te inscribir, terás acceso inmediato ao curso, cos seus contidos e actividades, na Aula Virtual.

E terei certificado?

Ao iniciar cada curso na Aula Virtual, deberás comprobar que requisitos se deben cumprir para completalo correctamente, no caso de queiras obter un certificado. Unha vez acadados eses requisitos, o curso certificarase de maneira automática e pasará a estar validado no teu expedient-e (FIDES). Se che cómpre presentar o certificado, poderás descargalo do teu perfil da ACIS.

Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS)

A Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.