Plan estratéxico da RedETS.
A avaliación de tecnoloxías sanitarias é a ferramenta que mide o valor das intervencións, tratamentos ou procedementos que os servizos de saúde proporcionan aos pacientes. A Red Española de Evaluación de Tecnoloxías (RedETS) é o principal órgano de asesoramento científico-técnico sobre tecnoloxías non farmacolóxicas do Sistema Nacional de Saúde. Consulta e comenta sobre o seu plan estratéxico para os próximos tres anos para que este plan inclúa todas as opinións e perspectivas posibles de profesionais, pacientes, xestores, desarrolladores de tecnoloxías ou calquera cidadán que queira achegar os seus comentarios. O prazo para achegas remata o próximo 17 de xuño. Consulta aquí toda a documentación: https://redets.sanidad.gob.es/Consulta_publica/Consulta_Publica.htm
Consellería de Sanidade.
Proxectos en desenvolvemento a pedimento da Comisión Asesora (CA) para a Incorporación de Técnicas, Tecnoloxías ou Procedementos á carteira de servizos do sistema sanitario público de Galicia; da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria (DA), e doutros peticionarios (outros).
- Biomonitorización de metabolitos do Hexaclorociclohexano (HCH) como marcadores de exposición e a súa utilidade no seguimento en persoas expostas. [En proceso]
- Termoplasia bronquial para asma aguda grave. [En proceso]
- Sistema de navegación virtual estereotáctica para punción percutánea e ablación tumoral. (Proxecto incorporado ao plan de traballo da RedETS) [En proceso]
Rede Española de Axencias de Avaliación de Tecnoloxías (RedETS).
Proxectos en elaboración dentro dos plans anuais de traballo da Rede Española de Axencias de Avaliación de Tecnoloxías e Prestacións do SNS (RedETS), financiados polo Ministerio de Sanidade.
- Protocolo do estudo de monitoraxe: Dispositivos de asistencia ventricular esquerda (DAVI) en terapia de destino. [En proceso]
- Utilización da Membrana de Osixenación Extracorpórea (ECMO) para a reanimación de pacientes con parada cardíaca. [En proceso]
- Avaliación e manexo clínico das autolesións na adolescencia: protocolo baseado na evidencia. [En proceso]
- Efectividade e seguridade da terapia con plasma de doante convalecente no tratamento da COVID-19. [En proceso]
- Broncoscopia Navegacional Electromagnética: utilidade na marcaxe e extirpación de nódulos pulmonares. [En proceso]
- Broncoscopia Navegacional Electromagnética con ou sen asistencia robótica: utilidade no diagnóstico de nódulos pulmonares. [En proceso]
*Planeado: Protocolo realizado
*En proceso: Informe en desenvolvemento
*Próxima publicación: Informe en maquetación