Efectividad y seguridad del dispositivo de asistencia ventricular mecanica HeartWare® en el tratamiento de la insuficiencia cardiaca avanzada.

O transplante cardíaco é considerado o tratamento de elección en pacientes con Insuficiencia Cardíaca (IC) avanzada refractaria a tratamento médico, aínda que este se atopa limitado pola dispoñibilidade de órganos. Neste contexto, o dispositivo de asistencia ventricular esquerda (DAVI) de 3a xeración como o HeartWare® Ventricular Assist Device (HVAD) podería ser unha opción terapeutica aceptable coa finalidade de incrementar a supervivencia neste grupo de pacientes.

Dentro do plan de traballo 2015 da "Red Española de Agencias de Evaluación de Tecnologías Sanitarias y Prestaciones del Servicio Nacional de Salud (SNS)", avalia-t publica este informe onde se avalía a efectividade e seguridade do dispositivo de asistencia ventricular esquerda HVAD no tratamento de pacientes adultos con IC avanzada.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.