Efectividad y seguridad de la microcirugía del linfedema de extremidades

Este documento realizouse ao amparo do convenio de colaboración suscrito polo Instituto de Salud Carlos III, organismo autónomo do Ministerio de Economía e Competitividade e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, no marco de desenvolvemento de actividades da Red Española de Agencias de Evaluación de Tecnologías y Prestaciones del SNS, financiadas por el Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad. 2017.

O linfedema débese a un aumento anormal de líquido rico en proteínas no espazo intersticial por mor dun trastorno da circulación linfática. Esta acumulación produce un aumento da circunferencia do membro afectado, limitando a súa mobilidade e minguando a calidade de vida do paciente que a sofre. O tratamento de referencia consiste en medidas conservadoras, baseadas no que se coñece como Terapia Desconxestiva Complexa, que constitúe un tratamento multimodal que inclúe varias técnicas como a drenaxe linfático manual, terapia de compresión, exercicio específico e o estrito coidado da pel e educación do paciente en medidas hixiénico-dietéticas. Estas terapias consiguen retardar a evolución do linfedema e diminuír o volume dos membros afectados nos estadios iniciais, pero non curan a enfermidade.

Con este informe avalia-t analiza a seguridade, efectividade e eficacia das técnicas microquirúrxicas reconstructivas do linfedema secundario en pacientes que non responden ao tratamento conservador e avaliar a efectividade comparada da microcirurxía do linfedema co tratamento conservador. O obxectivo secundario é analizar aspectos organizativos e custos da microcirurxía do linfedema.​

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.