Convocatoria de Concesión de subvencións ``Sello de Excelencia ISCIII-HEALTH´´ 2022

No B.O.E. de data 15 de outubro do 2022 publicouse o Extracto de Resolución de 13 de outubro da Dirección do Instituto de Salud Carlos III pola que se aproba a convocatoria para o ano 2022 de concesión de subvencións ``Sello de Excelencia ISCIII-HEALTH´´ da Acción Estratéxica en Saúde 2021-2023, baixo o PERTE para a Saúde de Vangarda e con cargo ós fondos europeos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. O texto completo pódese consultar na Base de Datos Nacional de Subvencións, con identificador BDNS : 653475


O obxecto desta resolución é a concesión de subvencións ``Sello de excelencia ISCIII-HEATH´´ pertencentes ao Subprograma Estatal de internacionalización do Programa Estatal para Afrontar as Prioridades da Nosa Contorna, no marco do Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación para o período 2021-2023, a través de dúas actuacións:


a) Proxectos ERC -``Sello de Excelencia ISCIII-HEALTH´´: Proxectos presentados ás convocatorias 2020 e 2021 do Consello Europeo de Investigación nas súas modalidades de «Starting Grants», «Consolidator Grants» e «Advanced Grants» avaliados positivamente (Calificación A) e considerados elexibles que por razóns orzamentarias non puideron ser finalmente financiados.


b) Accións Individuais MSCA -``Sello de Excelencia ISCIII-HEALTH´´: Accións individuais do programa Marie Sklodowska-Curie Actions Individual Fellowships de Horizonte 2020 ou Marie Sklodowska-Curie Actions Postdoutoral Fellowships de Horizonte Europa, presentadas ás convocatorias 2020 e 2021 avaliadas cunha puntuación do 85% ou máis e que por razóns orzamentarias non puideron ser finalmente financiadas.


Con ámbalas dúas actuacións preténdese impulsar a internacionalización das actividades de I+D+i e contribuír ao avance do coñecemento para afrontar os desafíos que ten a investigación española, fomentando a participación de persoal investigador con traxectorias científicas prometedoras.


A contía total máxima de esta convocatoria é de 6.000.000€ que poderá ser incrementada nunha contía adicional de 5.000.000€.


O prazo de presentación de solicitudes é dende o 21 de outubro ata o 15 de novembro de 2022 ás 15 horas (hora peninsular española).


No lateral dereito dispoñedes dun acceso á resolución, ao extracto da resolución e as fichas resumo da convocatoria.


 

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.