Centro Español para los Cuidados de Salud basados en la Evidencia (CECBE)

O CECBE (Centro Español para los Cuidados de Salud basados en la Evidencia del Instituto Joanna Briggs) é a Unidade de Investén que promove a evidencia en coidados mediante a formación, investigación, difusión de resultados e implantación da evidencia na práctica clínica.
 
A ACIS (Axencia Galega para o Coñecemento en Saúde), a través da Área de Dirección de Planificación e Promoción da Investigación Sanitaria está integrada no CECBE como membro do Comité de Seguimento do dito organismo.
 
As actividades formativas do CECBE, ademais de promocionar o desenvolvemento profesional do persoal sanitario implicado en coidados de saúde, constitúen un sólido punto de partida para a presentación de candidaturas ao Programa "Centros Comprometidos con la Excelencia en Cuidados", que recoñece e acredita aqueles centros sanitarios implicados na implementación, avaliación e mantemento de guías de boas prácticas en coidados.

Actualmente foron seleccionados como candidatos a dita certificación dos centros de Galicia: a EOXI de Lugo, Cervo e Monforte, e a EOXI de A Coruña.

 O noso obxectivo é que esta rede de Centros Comprometidos coa Excelencia en Coidados alcance so seu máximo desenvolvemento nos nosos centros e motive a participar a todas aquelas Unidades de Coidados da rede do Sergas que coa súa profesionalidade e dedicación constituen un dos pilares da atención sanitaria na Comunidade Autónoma.

Para máis información clic AQUÍ
 
Os contactos serán os membros do Comité Científico do CECBE en Galicia:
  • José María Rumbo Prieto (EOXI Ferrol)
  • José Antonio Esperón Güimil (EOXI Pontevedra e O Salnés)
Mail de contacto: ACIS.Cuibe@sergas.es


Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS)

A Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.