Investigación de coidados en saúde

A investigación en coidados de saúde aglutina os esforzos científicos realizados no campo da enfermería. En España existe unha unidade coordinada polo Instituto de Salud Carlos III (ISCIII) no que se integran profesionais do Sergas.
 
A Unidade de Investigación en Coidados de Saúde (Investén-iscii) busca o desenvolvemento dunha estratexia a nivel estatal para fomentar e coordinar a investigación traslacional e multidisciplinar neste ámbito, potenciando a súa integración na práctica clínica diaria.
 
A finalidade de Investén-iscii é contribuír a que os coidados de saúde sexan seguros, da mellor calidade e baseados en resultados válidos e fiables derivados da investigación rigorosa e da vinculación entre o sector universitario, o clínico e o empresarial. Os seus resultados axudan a optimizar a toma de decisións por parte de persoal de enfermería.

Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS)

A Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.