Portal da Investigación

O Portal da Investigación en Saúde de Galicia constitúese como un espazo de difusión, información e comunicación ao servizo dos profesionais sanitarios e os cidadáns.

A Comunidade Galega aposta pola Investigación en Biomedicina percurando sempre o crecemento baseado no coñecemento e a innovación. Un esforzo que nos ten levado a crear novos recursos en investigación e consolidar os xa existentes. 

Aínda así, no camiño da I+D+i en Saúde, a Consellería de Sanidade xunto co Servizo Galego de Saúde e a Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) mantén a súa líña de apoio da I+D+i e queremos que este Portal da Investigación en Saúde sexa o centro de referencia de tódala información xerada neste ámbito e a súa vez un medio que facilite o traballo do investigador na súa tarefa diaria. 

A Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS), é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde de Galicia. Neste senso, a ACIS  en colaboración con Bibliosaúde e o Sistema Informático, acolle o Portal acolle o Portal da Investigación en Saúde de Galicia co obxectivo de recopilar e presentar de forma automática a producción científica e de transferencia do conxunto dos resultados da investigación desenvolvida polo persoal investigador en Saúde de Galicia, agrupados por Institutos de Investigación Sanitaria e Grupos de Investigación. 

Este portal permite mostrar de maneira individualizada os indicadores desta produtividade científica e dar difusión aos resultados das actividades científicas,  para obter unha imaxe clara do rendemento investigador no ámbito da Saúde en Galicia:
 
  • Facilita o acceso ás publicacións e aos datos de investigación.
  • Apoia ao persoal investigador nos procesos de avaliación e impato da súa investigación.
  • Mellora a reproducibilidade da investigación, contribuíndo aos obxectivos da ciencia aberta.
  • Establece unha relación entre o financiamento público da investigación e os seus resultados realizando un exercicio de transparencia.
  • ​Da soporte aos órganos de xestión sobre a actividade científica desenvolvida nas distintas institucións do ecosistema Galego de Saúde mellorando a súa visibilidade e impacto. 
Ligazóns asociadas

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.