Aféresis de lipoproteínas de baja densidad como tratamiento adyuvante de la hipercolesterolemia familiar.

Este informe realizouse a petición da Comisión Asesora para a Incorporación de Técnicas, Tecnoloxías e Procedementos como solicitude de autorización para a incorporación do procedemento na Carteira de Servizos do Sistema Sanitario Público de Galicia


Postulouse que a aférese de lipoproteínas de baixa densidade podería ser unha técnica efectiva como tratamento adyuvante da hiperolesterolemia familiar. Este estudo avalía a efectividade e seguridade de dúas técnicas de aféreses: a absorción directa por hemoperfusión, que elimina as LDL de forma selectiva do sangue sen necesidade dunha separación preliminar do plasma, e a inmunoadsorción, que utiliza anticorpos fronte á apolipoproteína B. Para conseguir este obxectivo estudouse o efecto a curto prazo da LDL-aférese sobre os niveis plasmáticos de lipoproteínas, e a longo prazo sobre a evolución da enfermidade cardiovascular.

Os resultados mostran que as técnicas de LDL-aféreses son efectivas e seguras, sendo similar a efectividade comparada de ambas as á hora de reducir os niveis de colesterol LDL, aínda que o sistema DALI destaca pola súa sinxeleza e facilidade de manexo ao non necesitar a separación inicial de plasma. A longo prazo observouse unha alta porcentaxe de melloría clínica e de redución na aparición de episodios cardiovasculares críticos. Por todo iso, a LDL-aférese debería utilizarse como tratamento coadyuvante en todos aqueles casos de hipercolesterolemia familiar homocigota e na forma heterocigótica con enfermidade coronaria progresiva e sintomática a pesar dun tratamento farmacolóxico hipolipemiante a doses máximas.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.