A Axencia Galega de Coñecemento en Saúde acolle o primeiro dos workshops do proxecto Invest4Health para a definición do testbed galego

 
  • O proxecto Invest4Health ten por obxectivo buscar novas formas de financiamento para potenciar a promoción da saúde e a prevención no ámbito sanitario.
 
Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2023.- Os días 20 e 21 de novembro tivo lugar en Santiago de Compostela un workshop para determinar os pasos a seguir nos próximos meses no piloto galego. O encontro reuniu a varios socios do proxecto, das entidades RISE (Research Institutes of Sweden) e IESE Bussiness School (Universidade de Navarra), así como a persoal de ACIS e da Subdirección de Xestión Asistencial e Innovación do Servizo Galego de Saúde.
 
O luns 20 de novembro celebrouse a primeira sesión de traballo. A reunión comezou con unha pequena introducción ao piloto de Galicia, así coma ao proxecto Invest4Health e os seus obxectivos, entre os que se atopan un cambio cara a un modelo de atención sanitaria baseado na atención primaria e un maior enfoque na prevención e na promoción da saúde. A continuación, todos os asistentes participaron nun taller, centrado na análise do problema e do reto que supón o envellecemento en Galicia. Durante este taller, elaborouse unha “árbore de situación”, identificando as causas e as consecuencias.
 
O martes 21 de novembro fíxose unha presentación sobre a SCI (Smart Capacitating Investment), cuxo obxectivo é proporcionar financiamento sustentable para a adopción de medidas sanitarias preventivas, e as súas vantaxes no ámbito da saúde. Tras esta exposición, discutiuse sobre as oportunidades de actuación no ámbito do envellecemento e das enfermidades crónicas en Galicia.
 
Tras estas dúas xornadas de traballo foron fixados os próximos pasos a seguir tanto por parte de ACIS, como por parte dos socios do proxecto.
Web do proxecto Invest4Health
Contidos relacionados

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.