Efectividad y seguridad de los dispositivos de asistencia ventricular izquierda (DAVI) como terapia de destino en edad pediátrica

Este documento foi realizado pola Unidade de Asesoramento Científico-técnico, Avalia-t, unidade dependente da Axencia Galega do Coñecemento en Saúde (ACIS), no marco do financiamento do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social para o desenvolvemento das actividades do Plan anual de Traballo da Rede Española de Axencias de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias e Prestacións do SNS.

 A insuficiencia cardíaca avanzada é una patoloxía pouco frecuente en poboación pediátrica e débese fundamentalmente a cardiopatías conxénitas ou miocardiopatías. Os Dispositivos de Asistencia Ventricular (DAV) son bombas que actúan xerando un fluxo circulatorio, que permite substituir parcial ou totalmente a función do corazón en situacións de fallo cardíaco grave (agudo ou crónico), que non responde a outros tratamentos. As publicacións actuais non permiten establecer o balance beneficio-risco para o uso deste tipo de dispositivos nunha indicación permanente na poboación pediátrica.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.