2016 Xornada da Exposición Photovoice: fotografando a depresión na infancia e a adolescencia (10 outubro, Santiago de Compostela)

O 10 de Outubro, día Mundial da Saúde Mental, tivo lugar no salón de actos da Consellería de Sanidade ás 11:30 h. a Xornada da Exposición Photovoice: fotografando a depresión na infancia e a adolescencia.

Este proxecto, coordinado por avalia-t e enmarcado na actualización da Guía de Práctica Clínica sobre a depresión maior na infancia e na adolescencia, puxo en marcha un método participativo denominado Photovoice, que emprega fotografías e discusións grupais para integrar a visión destes pacientes. A exposición desta iniciativa, ten como obxectivo visibilizar a vivencia e a perspectiva dos adolescentes con depresión e a súas familias e promover a concienciación social sobre os problemas de saúde mental. Ademáis é un exemplo da posta en práctica de metodoloxías participativas para promover a implicación dos pacientes en todas as fases da asistencia sanitaria, dende a planificación ata a toma de decisións.

Grupo_4.jpg

Mazaira.jpg

A exposición estará dúas semanas na Consellería de Sanidade, e posteriormente iniciarase a súa itinerancia polos hospitais galegos.

FullSizeRender (0).jpg

FullSizeRender (1).jpg

FullSizeRender (2a).jpg

FullSizeRender (3).jpg

14566294_1707504652910089_1777720276442604684_o.jpg

14682129_1707504649576756_9011723921527273987_o.jpg

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.