A
Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) publicou as bases
reguladoras dos premios de investigación sobre VIH e outras
infeccións de transmisión sexual no DOG n.º 163 do 29 de agosto de
2022.
A
finalidade destes premios é promover a investigación neste eido,
darlle publicidade á investigación galega e recoñecer o labor do
persoal investigador.
A
dotación económica dos premios é a seguinte:
- Primeiro
premio, dotado con 3.000 € á persoa asinante do artigo mellor
valorado
- Segundo
premio, dotado con 1.500 € á persoa asinante do segundo artigo
mellor valorado
- Dous
accésits para as persoas asinantes do terceiro e cuarto artigo
mellor valorados respectivamente
As persoas candidatas a estes premios serán as persoas físicas investigadoras,
cuxa
investigación fose realizada en institutos, centros, universidades
ou axencias de investigación galegas e que consten como primeiros/as
autores/as de artigos publicados no ano 2021, relacionados directamente coa infección polo
VIH e as demais ITS.
Pódense
consultar as bases e a resolución da convocatoria deste ano no
lateral.