- O European Innovation Council lanzou a primeira edición dos Premios Europeos á Contratación Pública de Innovación, que pretenden recoñecer aos compradores públicos e privados de toda Europa nos seus esforzos por promover a contratación de innovación.
- O gañador de cada categoría será recompensado con 75 000 EUR, mentres que o subcampión recibirá 25 000 EUR.
- O resultado coñecerase durante o Cume do Consello Europeo de Innovación do 24 ao 25 de novembro de 2021 en Bruxelas
Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2021.- A Comisaria de Innovación, Investigación, Cultura, Educación e Mocidade, Mariya Gabriel, anunciou os dous finalistas por categoría da primeira edición do 'European Innovation Procurement Prize' que ten como finalidade recoñecer os casos máis relevantes de compradores, tanto públicos e privados, sobre prácticas de adquisición de innovación en Europa anunciaron.
Os dous primeiros finalistas para cada unha das 3 categorías deste ano son (en orde alfabética):
Categoría Innovation procurement strategy award: na que se premian estratexias a longo prazo que desencadean diferentes adquisicións de innovación, solucións e prácticas sustentables.
- INNO-AHA SERGAS (España) (the Galician Innovation Journey in search of PPI Solutions for Active and Healthy Ageing)
- NCBR-IS (Polonia)
Categoría Facing societal challenges award: na que se premian prácticas innovadoras relacionadas coa pandemia por COVID-19.
- IHSI (Bélxica)
- WBL PCP e PPI (Países Baixos)
Categoría Procurement leadership award: na que se recoñecen a persoas sobresalientes que empoderan ao seu equipo para ter éxito e desencadean prácticas de adquisición de innovación.
- C-SOC SDAPA ICT (Italia)
- MS-1 (Polonia)
Os galardóns, teñen como obxectivo dar visibilidade á importancia dunha estreita cooperación entre o comprador e o provedor para levar as solucións innovadoras ao mercado. Trátase dunha das iniciativas do EIC destinada a apoiar e fomentar a contratación de innovación na Unión Europea.
Os membros do xurado seleccionaron ao gañador e un finalista por categoría, e os gañadores serán anunciados no Cume do Consello Europeo de Innovación do 24 ao 25 de novembro de 2021.
Ademais do prestixioso recoñecemento, o gañador de cada categoría será recompensado con 75 000 EUR, mentres que cada un dos subcampións recibirá 25 000 EUR.
E convidarase a todos os finalistas a unirse a un grupo de compradores pioneiros para mostrar a súa experimentación e obter inspiración das experiencias doutros compradores, por exemplo, para aprender sobre novos enfoques a través do intercambio de boas prácticas, iniciativas, ideas e innovacións.
Candidatura do Servizo Galego de Saúde: INNO-AHA SERGAS
A candidatura titulada "The Galician Innovation Journey in search of PPI Solutions for Active and Healthy Ageing" (INNO-AHA SERGAS) mostra a aposta da Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde desde o ano 2012 pola compra pública innovadora con proxectos como Hospital2050 e Innovasaúde, Código100 e proxectos actualmente en marcha como Innova MicroLab, INNOVATRIAL ou LABSAÚDE -o primeiro living lab de saúde do SERGAS-. Ademais a candidatura inclúe o recoñecemento de Galicia como unha das rexións de referencia europea no desenvolvemento, a adopción e escalado de prácticas innovadoras para un envellecemento activo e saudable.