Xornada informativa sobre os diferentes instrumentos de financiación e soporte ao emprendimento que ten dispoñibles EIT Health en 2021.
Mércores 17 febreiro ás 10:00h
Inscrición previa: Rexístrate!
10:00 - 10:10 Benvida - Antonio Fernández-Campa (Xerente da ACIS)
10:10 - 10:45 Convocatoria para emprendedores EIT Health 2021 - Gerard Albreda (EIT Health Spain)
10:45 - 10:50 Experiencia con EIT Health - Daniel Fernández (Qubiotech)
10:50 - 11:00 Preguntas e peche da xornada
A quen vai dirixida esta xornada?
A emprendedores e startups con solucións para o sector saúde (medtech, biotech, digital health) que teñan interese en coñecer instrumentos de financiamento e soporte ao emprendemento.
EIT Health, unha nova comunidade de coñecemento e innovación en saúde
A Unión Europea, a través do Instituto Europeo de Innovación e Tecnoloxía (EIT) busca integrar as tres vertentes do coñecemento en saúde -formación, investigación e innovación-. A Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) é socio de EIT Health.