No
B.O.E. de data 3 de xaneiro de 2023 publicouse o Extracto
da Orde do 30 de decembro de 2022 pola que se aproba convocatoria
2022 de axudas a «Proxectos de Xeración de Coñecemento» e a
actuacións para a formación de persoal investigador predoctoral
asociadas aos devanditos proxectos, cuxo texto completo
pode consultarse na Base de datos Nacional de Subvencións, con
identificador BDNS: 662668
O
obxectivo da presente convocatoria é financiar a realización de
proxectos de investigación dirixidos tanto a fomentar a xeración e
o avance significativo do coñecemento científico e a investigación
de calidade contrastada como a avanzar cara á procura de solucións
aos desafíos da sociedade. Así mesmo, poderanse financiar
actuacións encamiñadas á formación de persoal investigador
predoctoral mediante a realización dunha teses doutoral asociadas
aos proxectos de investigación mencionados.
Así
mesmo estas axudas teñen como finalidade o financiamento das
seguintes modalidades de proxectos, incluídos no Subprograma Estatal
de Xeración de Coñecemento:
a)
Proxectos de «Investigación Non Orientada». Trátase de proxectos
sen orientación temática previamente definida, e teñen como
obxectivo primordial o avance do coñecemento, independentemente do
horizonte temporal e o seu ámbito de aplicación.
b)
Proxectos de «Investigación Orientada». Os proxectos están
orientados á resolución de problemas concretos e vinculados ás
prioridades temáticas asociadas aos grandes desafíos da sociedade,
que se recollen no anexo III.
Dentro
das modalidades indicadas, os proxectos poderán ser de dous tipos,
dependendo do perfil de investigador/a principal que lidere o equipo
de investigación:
a)
Proxectos tipo A, liderados por mozos investigadores/as.
b)
Proxectos tipo B, liderados por investigadores/as consolidados/as.
O
prazo de presentación das solicitudes será dende
o 10 de xaneiro ata o
31 de xaneiro de 2023 ás 14:00 horas
(hora peninsular española).
No
lateral dereito dispoñedes dun acceso á Convocatoria, ao Extracto da Convocatoria e as fichas resumo da Convocatoria.