No BOE do 6 de decembro publicouse a convocatoria de axudas para proxectos estratéxicos orientados á transición ecolóxica e á transición dixital do Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación.
Trátase dunha nova convocatoria da Axencia Estatal de Investigación (AEI) incluída no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e, polo tanto, financiada a través dos fondos NextGenerationEU.
As axudas teñen como obxecto financiar a realización de proxectos estratéxicos orientados á transición ecolóxica e á transición dixital.
- Os proxectos de transición ecolóxica que se financien irán dirixidos a aspectos como a economía circular ou a mellora da resiliencia de todos os sectores económicos, entre outros, coa finalidade de contribuír aos obxectivos medioambientais da transición ecolóxica.
- Os proxectos de transición dixital que se financien orientaranse á xeración de coñecemento científico, ao desenvolvemento de tecnoloxías ou ao soporte ás políticas en aspectos como a modernización da Administración pública, a ciberseguridade ou a nova economía dos coidados, entre outros.
A contía total máxima desta convocatoria é de 296.072.000 €, que poderá ser incrementada cunha cantidade adicional de ata 30.000.000 €
O prazo de presentación de solicitudes está aberto do 16 de decembro de 2021 ata as 14:00 horas (hora galega) do 19 de xaneiro de 2022.
No lateral dereito dispoñedes dun pequeno resumo da convocatoria.