O próximo 30 de xaneiro, a Consellería de Sanidade e o CDTI organizan conxuntamente unha xornada informativa para presentar a iniciativa de Consulta Preliminar do Mercado (CPM), do proxecto INNOVATRIAL destinado a coñecer o grao de desenvolvemento da tecnoloxía no eido da xestión dos ensaios e estudos de investigación biomédica e en Ciencias da Saúde.
Esta é unha das medidas que porá en marcha a Consellería de Sanidade neste ano 2020 en materia de fomento da investigación sanitaria que servirá para obter unha ferramenta que permita xestionar mellor a investigación realizada no seo do Sistema Público de Saúde de Galicia e permitirá unha maior interconexión coa actividade asistencial.
A investigación biomédica e en Ciencias da Saúde é un dos pilares do Sistema Nacional de Saúde non só para mellorar a calidade e a expectativa de vida dos cidadáns senón tamén como motor económico por canto é xerador de emprego e de novos avances científicos e tecnolóxicos que permitirán á súa vez o crecemento e desenvolvemento industrial do territorio.
Galicia participa no 23% dos aproximadamente 900 ensaios clínicos con medicamentos que se autorizan anualmente en España. Cabe destacar a participación dos centros do Sistema Público de Saúde de Galicia noutras actividades de investigación no ámbito da biomedicina e ciencias da saúde como son os estudos observacionales con medicamentos, estudos con mostras biolóxicas ou estudos epidemiolóxicos con datos de saúde e que segundo informe do comité de ética da investigación de Galicia, en 2019 superaron os 500 estudos.
As novas terapias avanzadas, terapias biolóxicas, os anticorpos monoclonales ou as células CART están a cambiar o paradigma dun gran número de patoloxías. Isto fai tamén necesario ir adaptando a organización do Sistema Nacional de Saúde aos novos retos que se expoñen na investigación. Estas tecnoloxías que xa están ao noso alcance, e as que están actualmente desenvolvéndose nas diferenctes actividades de investigación mencionadas, fan necesario expor novos escenarios organizativos, tecnolóxicos, de seguridade e mesmo normativos que protocolicen e faciliten a realización dos estudos á vez que se garante o cumprimento da normativa sectorial específica.
As Administracións sanitarias deben promover a investigación biosanitaria, especialmente na súa vertente traslacional, como un instrumento para a mellora da saúde da poboación tendo en conta as prioridades marcadas nas súas estratexias de investigación e innovación.
Trátase, por tanto de procura de solucións innovadoras que sirvan de ferramenta de apoio para a xestión de todo o proceso desde o inicio ata a finalización dos estudos de investigación biomédica e en ciencias da saúde.
Por parte da CCAA de Galicia participarán: Antonio Fernández-Campa García-Bernardo, Xerente do Servicio Gallego de Salud (SERGAS); Beatriz Allegue Requeijo, Directora da Axencia pública del Conocimiento en Salud (ACIS); Benigno Rosón Calvo, Subdirector xeral de Sistemas e Tecnologías da Información da Consellería de Sanidade.
Por parte do CDTI, participarán Javier Ponce, Director Xeral; Dª María Vega Gil Díaz, Directora de la Dirección de Certificación y Compra Pública Innovadora del CDTI; Sergio Capitán, xefe do Departamento da Oficina de Compra Pública Innovadora; e Ana Isabel Rodríguez Belda, técnico deste Departamento.
En 2018, o CDTI creou a Oficina de Compra Pública Innovadora ( OCPI) cuxo obxectivo é, esencialmente, impulsar a Compra Pública Precomercial (CPP). Para iso, este organismo adquirirá servizos de I+D que satisfagan necesidades públicas. A iniciativa conta co apoio do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
Os posibles prototipos resultantes que se obteñan no proceso de desenvolvemento de tecnoloxías serán cedidos a Administración pública colaboradora que neste caso é o Servizo Galego de Saude para a súa validación.
O CDTI, como entidade da Administración española que lidera Compra Pública de Innovación (CPI) nunha fase precomercial, poderá obter información dos operadores do mercado desde a súa experiencia como usuarios destas tecnoloxías e, así, definir adecuadamente, os requisitos que deben ter as tecnoloxías que serán solicitadas nunha potencial futura licitación de compra pública precomercial.
O evento terá lugar na sede da sede do CDTI en rúa Cid, 4 -28001 Madrid.