Os institutos de investigación sanitaria galegos son entidades dedicadas á investigación básica e aplicada, creadas a través da asociación das universidades galegas aos hospitais docentes do Sergas.
A súa estrutura de xestión correspóndelle ás
fundacións para a investigación sanitaria, que traballan en coordinación con ACIS para garantir a mellor contorna de obtención e translación de resultados científicos.
Os hospitais docentes constitúen o núcleo básico dos institutos de investigación sanitaria. O obxectivo é potenciar o hospital como centro de investigación, para o que os institutos teñen como metas comúns:
- Aproximar a investigación básica, a clínica e a de servizos sanitarios.
- Crear unha contorna asistencial, docente e investigadora de calidade no que os alumnos de grao, os especialistas en formación e os profesionais sanitarios interactúen con investigadores e docentes da contorna universitaria para acadar unha abordaxe multidisciplinar e transdisciplinar dos problemas de saúde.
- Constituír o lugar axeitado para a captación de talento e o asentamento das grandes instalacións científico-tecnolóxicas do ámbito da saúde.
En Galicia existen tres institutos de investigación sanitaria: