h1

Cómpre, polo tanto asegurar que a poboación teña un acceso rápido ás prestacións que supoñen un valor engadido, sen que isto poida comprometer a estabilidade do sistema de saúde. Para levar a cabo este propósito, non cabe dúbida de que é importante poñer en marcha mecanismos  axeitados para a identificación e priorización das tecnoloxías médicas máis innovadoras, así como procedementos efectivos para priorizar aquelas que deberían ser avaliadas por presentar importantes dúbidas respecto aos seus beneficios ou impacto.

En consecuencia, o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, apostou polo desenvolvemento dunha estratexia nacional para mellorar a eficiencia do proceso de incorporación de tecnoloxías sanitarias á carteira común básica de servizos asistenciais do Sistema Nacional de Saúde (SNS). Entre as accións específicas que se puxeron en marcha, inclúese o deseño dun plan específico de actuación na área de tecnoloxías novas e emerxentes e a adaptación da ferramenta PriTec, que foi creada por Avalia-t  en 2009 para a priorización dos estudos observacionais e das tecnoloxías obsoletas.

Captura de pantalla 2016-06-07 a la(s) 08.14.05.png 
 
A acción na área de tecnoloxías novas e emerxentes vai dirixida a compartir recursos e información entre as axencias da “Red Española de Agencias de Evaluación de Tecnologías Sanitarias y Prestaciones del Sistema Nacional de Salud”, co fin de lles proporcionar aos responsables sanitarios unha lista exhaustiva de novas tecnoloxías de previsible alto impacto sanitario, que podería ser preceptivo avaliar de cara á súa incorporación no SNS. Neste sentido Avalia-t, a Unidade de Asesoramento Científico-técnico de ACIS, conta cun programa de detección de tecnoloxías emerxentes (programa Detecta-t) integrado por ata 100 profesionais sanitarios do Sistema Galego de Saúde e ven desenvolvendo dende o 2013 unha revisión bibliográfica anual para rastrear a literatura científica en búsquea de intervencións innovadoras, que son priorizadas atendendo á opinión de expertos clínicos. Outras axencias abordan fontes de información complementarias como son as revistas médicas, a prensa e/ou a industria. 

Nestes momentos, Avalia-t está adaptando a ferramenta PriTec para o seu uso no marco da carteira de servizos do Sistema Nacional de Saúde. O obxectivo desta ferramenta é facilitar que as decisións respecto ás tecnoloxías para avaliar se tomen en base a uns criterios explícitos, ponderados en función da importancia atribuída por actores clave do sistema, entre eles as autoridades sanitarias,  expertos clínicos, técnicos expertos en avaliación de tecnoloxías, xestores, pacientes e outros colectivos representantes de profesionais e usuarios, garantindo unha visión colectiva das necesidades en saúde.

Á marxe de que discernir entre varias opcións sanitarias sempre é complexo, cabe poñer en marcha procedementos estandarizados para velar porque as decisións non se tomen con base nos valores, intereses ou opinións individuais subxectivas. Neste sentido, a visión das autoridades e axencias españolas é diáfana, apostando claramente pola obxectividade e transparencia. 
 

Directo a Directo a