Mobilising novel finance models for health promotion and disease prevention
A Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS) forma parte do proxecto europeo Invest4Health, destinado a incentivar novos modelos de financiamento para a promoción da saúde e a prevención de enfermidades.
O proxecto Invest4Health enmárcase dentro das accións de investigación e innovación (RIA) de Horizonte Europa e ten por finalidade garantir o acceso a unha asistencia sanitaria innovadora, sostible e de calidade, promovendo novos modelos de financiamento para os sistemas sanitarios.
A acción Invest4Health está coordinada pola rexión sueca de Skåne e conta ca participación dun total de 18 entidades de 8 países, e ten unha duración de 3 anos e medio (42 meses).
Galicia colabora na definición conxunta das necesidades; validar enfoques e propostas; comunicar, difundir e participar nas actividades que se leven a cabo; e aportar a súa experiencia como comprador público de solucións innovadoras.
Socios:
- Region Skåne, Suecia
- Erasmus University Róterdan, Paises Baixos
- SNF Centre for Applied Research at Norwegian School of Economics, Noruega
- Syreon Research Institute, Hungría
- EuroHealthNet ASBL, Bélxica
- Research Institutes of Sweden AB, Suecia
- Norway Health Tech, Noruega
- Innovation Skåne AB, Suecia
- Stichting Health ClusterNET, Países Baixos
- Hywel Dda University Health Board, Reino Unido
- Bangor University, Reino Unido
- SINTEF AS, Noruega
- University of Oxford, Reino Unido
- University of Gothenburg, Suecia
- University Hospital Heidelberg, Alemaña
- IESE Business School, Universidade de Navarra, España
- Forschungsinstitut für Rationalisierung, Alemaña
- Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, España
Orzamento total: 5.500.000 EUR
Páxina web do proxecto: https://invest4health.eu/