A comunidade Invest4Health reúnese en Alemaña para definir os pilotos candidatos a testar novos modelos de financiamento innovadores dos sistemas sanitarios

 

  • A Axencia Galega de Coñecemento en Saúde é socio do proxecto, no que Galicia foi seleccionada como unha das rexións piloto nas que por a proba modelos de financiamento dos sistemas sanitarios.
 
Alemaña, 13 de outubro de 2023.- O proxecto Invest4Health (I4H) reúnese en Aachen, Alemaña, durante os días 10,11 e 12 de outubro co obxectivo de comentar os avances do proxecto e os próximos pasos a seguir.
 
O martes 10 de outubro celebrouse unha sesión de traballo, previa a reunión de todos os socios, entre Research Institutes of Sweden (RISE) e tres dos catro socios pilotos (Region Skåne -Suecia, Forschungsinstitut für Rationalisierung Aachen - Alemaña, e a Axencia Galega de Coñecemento en Saúde - Galicia).
 
O evento celebrado os días 11 e 12 de outubro consistiu na presentación dos avances logrados por cada paquete de traballo nestes últimos meses, así como dos proxectos de cada un dos pilotos. Ademais, houbo espazos de diálogo entre pilotos e investigadores, nos que xurdiron ideas para enfocar os futuros avances.
 
No caso de Galicia, o piloto está centrado no reto do envellecemento e a dispersión poboacional. Nestas dúas xornadas de traballo conseguiuse un maior entendemento do concepto da Smart Capacitating Investment (SCI), así como a definición do plan de traballo a seguir nos próximos meses por parte de investigadores e rexións pilotos.
 
Invest4Health
 
A Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS) forma parte do proxecto europeo Invest4Health, destinado a incentivar novos modelos de financiamento para a promoción da saúde e a prevención de enfermidades.
 
O proxecto Invest4Health enmárcase dentro das accións de investigación e innovación (RIA) de Horizonte Europa e ten por finalidade garantir o acceso a unha asistencia sanitaria innovadora, sostible e de calidade, promovendo novos modelos de financiamento para os sistemas sanitarios.
 
A acción Invest4Health está coordinada pola rexión sueca de Skåne e conta ca participación dun total de 18 entidades de ata 8 países. O proxecto ten unha duración de 3 anos e medio e conta cun orzamento de 5,5 M. euros.
Contidos relacionados

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.