Se non existen actividades simultáneas e se pode participar en todas elas, solicítase solicitarase a acreditación global (para o programa ao completo).
Se existen actividades simultáneas e hai que elixir entre participar nunha ou noutra, a solicitude de acreditación será por modalidade (mesas redondas, conferencias, obradoiros etc.) e cada alumno recibirá os créditos correspondentes á súa participación real na actividade, polo que debe existir control de asistencia específico para cada sesión. Ese control debe estar detallado e ser realizable.
Requisitos:
- Deben ter un comité científico e un comité organizador.
- Unha única solicitude cuberta segundo o modelo normalizado.
- Os obradoiros ou cursos dentro ou fóra da xornada ou congreso que teñan unha matrícula específica serán considerados actividades independentes e solicitarase a acreditación por separado.
- Non se consideran como horas acreditables :
As de descanso común a todas as actividades.
As de entrega de documentación.
As de presentación e clausura agás que formen parte do contido científico do congreso.
As dedicadas á presentación de pósters ou comunicacións.
Os simposios satélites promovidos pola industria ou calquera outra actividade que non forme parte do programa científico asumido pola organización.
- Non se acreditarán actividades de menos de unha hora de duración.
- Control de asistencia:
Cando se solicite acreditación global e a duración total sexa inferior a 4 h, deberase participar no 100 % para poder optar aos créditos. Se a duración supera as 4 h, bastará co 80 %.
Cando se solicite acreditación por modalidades, deberase participar no 100 % da actividade para poder optar aos créditos.
- Realización dunha enquisa de opinión/satisfacción (acéptase unha enquisa global do congreso ou xornada).
- Cumprimento da normativa de independencia comercial e deberase achegar:
Separación das áreas científicas e comerciais.
Relación de relatoras/es con conflito de intereses.
Relación de entidades patrocinadoras.
Materiais promocionais e docentes.
- Certificación aos participantes:
No caso da acreditación global (sen actividades simultáneas) os créditos reflectiranse no certificado de forma global, pola súa participación na xornada ou congreso, sen asocialos a ningunha actividade concreta.
No caso da acreditación por modalidades (con actividades simultáneas), a entidade provedora deberalle certificar a cada participante a súa asistencia aos diferentes actos acreditados do congreso ou xornada cun único documento no que constarán as actividades realizadas cos seus créditos.