Social Impact Investment

O Social Impact Investment é un novo programa baseado na captación de capital privado para reforzar o investimento público na traslación dos resultados de investigación máis prometedores xerados polo Sistema Galego de Saúde.

Este innovador modelo impulsado por ACIS, pioneiro na administración pública española, ten como obxectivo maximizar os recursos a disposición da comunidade investigadora para transferir os seus resultados ao mercado e ao paciente.

A través dunha campaña de atracción de investidores externos, alimentarase un fondo único xestionado por ACIS para impulsar os proxectos con máis potencial de comercialización e de implantación na carteira de servizos do Sergas.

Os investidores, ademais de obter as correspondentes desgravacións fiscais, poderán beneficiarse dunha serie de iniciativas ligadas ao desenvolvemento dos proxectos de I+D. Estas van desde o acompañamento estratéxico dos proxectos ata opcións preferentes na comercialización dos produtos ou servizos resultantes.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.