Programa InTrES

 
No marco do Programa InTrES -Programa para o Impulso de Actividades de fomento da Investigación Traslacional de Excelencia en Saúde de Galicia- a ACIS asina tres convenios de colaboración cas tres Fundacións de Investigación Biomédica dos centros sanitarios públicos galegos: Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela -FIDIS-, Fundación Biomédica Galicia Sur -FBGS- e Fundación Profesor Novoa Santos -FPNS-.

O obxecto deste programa InTrES é o impulso de actividades que permitan desenvolver unha investigación científica traslacional de excelencia coa finalidade de potenciar un ecosistema que fomente a busca de novas solucións e que de resposta aos grandes restos actuais e futuros no ámbito da saúde. 

Todo isto en consonancia  cos seguintes obxectivos ou liñas de actuación:

  • Incrementar a cultura científica, tecnolóxica e innovadora dos principais axentes do ecosistema galego de I+D+i en saúde.
  • Incrementar a difusión dos resultados da investigación científico-técnica e da innovación financiados con fondos públicos.
  • Mellorar a educación científico-técnica da sociedade en todos os niveis.
  • Colaborar na profesionalización da divulgación científica e apoiar o establecemento de sinerxías e aproveitamento de recursos dos axentes do sistema de divulgación do coñecemento en Saúde.

Estes convenios contan cun orzamento total aproximado de 600.000 euros, que se repartiran en tres anualidades entre os anos 2022 e 2024.

A continuación dispoñedes dun vídeo-resumo sobre este Programa, e na caixa lateral dereita das fichas-resumo e dos tres Convenios correspondentes a cada unha das Fundacións galegas.
 

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.