Endoprótesis de gel AqueSys Xen®

Este informe realizouse a petición da Comisión Asesora para a Incorporación de Técnicas, Tecnoloxías e Procedementos como solicitude de autorización para a incorporación do procedemento na Carteira de Servizos do Sistema Sanitario Público de Galicia. 2018.

O termo glaucoma fai referencia a un grupo de enfermidades oculares que orixinan un dano no nervio óptico que conduce á perda de visión. A presión intraocular alta (PIO) é o factor de risco maior e o único que pode ser modificado, por eso o tratamento baséase na redución da PIO.

Os tratamentos primarios constan de medicación tópica, en forma de colirios e/ou trabeculoplastia láser, cando estes non funcionan, ou cando hai intolerancia á medicación, recórrese á cirurxía.

De forma xeral, a cirurxía de elección é a trabeculectomía (cirurxía perforante); sen embargo, hoxe en día existen alternativas de cirurxías incisionales ou microincisionales de glaucoma (CMIG) que son mais seguras e igual de efectivas. Dentro destas últimas está o implante AqueSys XEN-45®.

O obxectivo deste informe é avaliar mediante revisión sistemática o implante AqueSys XEN-45® para o tratamento do glaucoma primario de ángulo aberto (GPAA) en relación coa súa efectividade e seguridade fronte á terapia estándar (trabeculectomía).​

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.