Dispositivo de asistencia ventricular izquierda (DAVI) como terapia de destino.

Este documento foi realizado pola Unidade de Asesoramento Científico-técnico, Avalia-t, unidade dependente da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS), no marco do financiamento do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade para o desenvolvemento das actividades do Plan anual de traballo da Rede Española de Axencias de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias e Prestacións do SNS, aprobado no Pleno do Consello Interterritorial do 27 de xaneiro de 2017 (conforme ao Acordo do Consello de Ministros do 1 de decembro de 2017).​​​​ 2018

A insuficiencia cardíaca (IC) constitúe unha epidemia a nivel mundial que contribúe de maneira importante ao gasto sanitario en países desenvolvidos. A pesar do avance experimentado durante os últimos 20 anos no tratamento médico da IC, a porcentaxe de pacientes nos que se produce un progreso da enfermidade a un estadio avanzado ou terminal segue sendo elevado. Cando a terapia médica deixa de ser efectiva, o transplante cardíaco é considerado o tratamento de elección. Con todo, debido á limitada dispoñibilidade de órganos e o tempo de espera ata que estea dispoñible un órgano compatible, os dispositivos de asistencia ventricular esquerda (DAVI) son unha opción terapéutica aceptable. No caso de pacientes que presentan contraindicación permanente a transplante cardíaco debido a idade ou comorbilidades os DAVI empregados como terapia de destino constitúen unha das principais opcións.

Este informe analiza a seguridade, efectividade, así como as consideracións de implementación, aspectos económicos, organizacionales, sociais, éticos ou legais derivadas do uso dos DAVI como terapia de destino.

Agencia Gallega de Conocimiento en Salud

La Agencia Gallega para la Gestión del Conocimiento en Salud es una entidad pública gallega creada con la vocación de convertirse en el elemento nucleador del ecosistema de conocimiento e innovación en salud en Galicia.