Este estudo desenvolveuse no marco da Liña de traballo COVID-19 dentro do Plan Anual da Rede Española de Axencias de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias e Prestacións do Sistema Nacional de Saúde, financiada polo Ministerio de Sanidade.
Os resultados do presente informe, que ten por obxecto sintetizar a literatura referente á efectividade das Intervencións Non Farmacolóxicas (INFs) dirixidas aos lugares de traballo non sanitarios no control da diseminación da COVID-19 suxiren a efectividade destas durante a 1ª onda da pandemia; aínda que existen importantes limitacións dado que os estudos son de tipo ecolóxico e a implementación conxunta de diferentes INFs dificulta a estimación do seu efecto individual.