Convocatoria de axudas «Conecta: da investigación á práctica social» – 3ª edición - da Fundación “laCaixa”

Da man do Observatorio Social da Fundación “laCaixa” abre a Convocatoria «Conecta: da investigación á práctica social» – 3ª edición co obxectivo principal o de promover o traballo conxunto entre o ámbito da investigación e o ámbito da práctica (sector social e administración publica), así como aumentar o impacto social destes. O prazo de presentación de solicitudes vai dende o 7 de novembro de 2023 ata o 30 de novembro de 2023.

Esta convocatoria vai dirixida a organizacións do ámbito da investigación e da práctica, con sede e actuación en España, que formen equipos mixtos para impulsar un proxecto de investigación e que produza un impacto social positivo. 

O obxecto destas propostas debe estar relacionado con benestar e saúde mental en España.

Quen son os beneficiarios? Son:
  • No ámbito da investigación: organizacións inscritas como centros de investigación nalgún rexistro público e organizacións que inclúan a investigación nos seus estatutos, universidades e organizacións vinculadas a unha universidade.
  • No ámbito da práctica: Organizacións do Terceiro Sector Social ou da Economía Social e as Administracións Públicas ou outros entes públicos locais, supramunicipais, autonómicos ou estatais.
Para presentarse a esta convocatoria requírese un mínimo de dúas organizacións colaboradoras (unha do ámbito da investigación e outra do da práctica). Cada unha aportará como mínimo unha persoa ao equipo de traballo e designará un representante no caso de que haxa máis dunha.

Por último, a dotación económica para cada un dos proxectos seleccionados é de ata 80.000 euros.

A continuación dispoñedes dun pequeno vídeo-resumo e no lateral dereito daquelas ligazóns ou documentos que resulten de interese.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.