Convocatoria de Investigación e Innovación Responsable en Saúde 2024 (RRI)

 
 
O Instituto de Saúde Carlos III publicou a convocatoria de Investigación e Innovación Responsable en Saúde (RRI) para o ano 2024. Esta convocatoria ten como obxectivo promover a identificación, recoñecemento e difusión de boas prácticas de RRI en saúde desenvoltas nos Intitutos de Investigación Sanitaria (IIS) acreditados polo ISCIII, fomentando ao mesmo tempo unha aprendizaxe compartida que mellore a implementación dos principios de RRI nas actividades dos IIS e favoreza a diseminación de boas prácticas.
 
A RRI persegue fomentar a participación activa das persoas na ciencia e a innovación desde as fases máis temperás dos proxectos de investigación, para que os resultados obtidos estean o máis aliñados posible coas necesidades sociais. Non só busca impulsar a participación cidadá, senón que tamén avoga polo acceso aberto á ciencia, a igualdade de xénero, a educación científica, a gobernanza e a ética.
 
A convocatoria persegue recoñecer o traballo dos IIS nestas seis áreas da RRI. Os IIS son centros multidisciplinares de investigación biomédica e sanitaria con orientación á transferencia efectiva, nucleados en centros públicos do Sistema Nacional de Saúde (SNS), aos que se asocian universidades, outros organismos de investigación e empresas, cuxo obxectivo é xerar e implementar coñecemento para dar resposta ás necesidades de saúde dos cidadáns e promover o desenvolvemento económico e social.
 
O ISCIII deseñou a convocatoria para recoñecer aquelas iniciativas desenvoltas durante o ano 2022 e 2023 (e xa finalizadas) que teñan relación con calquera das seis áreas que forman parte de RRI.
Na convocatoria seleccionaranse un total de tres candidaturas, as mellor valoradas por unha comisión independente. Cada IIS poderá presentar un máximo de tres solicitudes e estará aberta a todos os acreditados e ao seu persoal asignado en relación coa acción en RRI presentada.
 
As propostas deberán incluír un formulario de solicitude firmada polo representante legal do IIS, a memoria do proxecto, un vídeo descritivo sobre a actividade levada a cabo no proxecto, cuxo ligazón se integrará na memoria, e unha declaración de consentimento informado, cesión dos dereitos de propiedade intelectual e aceptación dos termos e condicións do concurso.
 
O prazo para a recepción de propostas é dende o 20 de febreiro ata o 9 de abril de 2024. Os criterios que se valorarán para a concesión dos premios serán a excelencia, o impacto e a implantación de cada unha das accións presentadas.
 
A continuación dispoñedes dun pequeno vídeo-resumo e no lateral dereito daquelas ligazóns ou documentos que resulten de interese.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.